Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sardiñeiro e Bustelo sofren dous incendios urbanos

Sardiñeiro e Bustelo sofren dous incendios urbanos

Ao longo do pasado xoves os Bombeiros de Cee tiveron que acodir a sufocar dosu incendios. Arredor das 11:00h acodían a unha chamada a Bustelo, Salgueiros, Dumbría, onde estaba a arder o baixo dunha vivenda. Os Bombeiros tiveron que proceder cas labores de extinción, enfriamento e desescombro. Tamén revisaron se había outros puntos quentes e realizaron labores de prevención, decatándose de que unha lavadora acendida puido ter sido a causa do lume.

Tampouco, por fortuna, houbo danos persoais non incendio que sufríu o Hostal-Restaurante O Merendero de Sardiñeiro arredor das 13:00h. A lavandería do local estaba completamente envolta en chamas e tiveron que traballar arreo para sufocala, tendo que facer labores de extinción, enfriamento e mesmo desescombro. Non houbo danos persoais pero si que se perderon todo o material de mantelería, mantas, sabanas, tallas, almofadas, etc.

Hotel O Merendero de Fisterra O Hotel O Merendero de Sardiñeiro sufriu un incendio

Comentarios