Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Solpor solicita o recoñecemento do Camiño a Fisterra e Muxía como zona cardio protexida

Solpor solicita o recoñecemento do Camiño a Fisterra e Muxía como zona cardio protexida
camino-santiago-fisterra-muxia Interesante proposta da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, que segue apostando pola rexeneración das infrastructuras para mellorar a experiencia de peregrinos e visitantes na nosa contorna. Por iso, ante o continuo crecemento de visitantes a lugares tan concretos como son o Faro Fisterra, o Santuario da Virxe da Barca en Muxía ou a Fervenza do Ézaro en Dumbría, a entidade está intentando acadar acordos coas Administracións para que estas zonas sexan dotadas das infrastucturas precisas para que sexan recoñecidos como espazos cardio protexidos. Para iso será necesaria a instalación de equipos de reanimación con desfibriladores, así como dotar formación suficiente ao persoal non sanitario presente nestes lugares para poder actuar ante unha emerxencia médica cardíaca. En palabas de Jesús Picallo, presidente de Solpor, “é un punto clave para nós que estes lugares sexan dotados dos desfibriladores necesarios para que se consideren espacios cardio protexidos velando así pola saúde de todos os peregrinos e visitantes xa que en tempadas como o verán ou a Semana Santa chega a eles gran número de persoas e a súa seguridade ten que ser primordial”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/1-000-postos-de-traballo-arredor-do-solpor/

Comentarios