Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Teatro de Outono en Dumbría

Teatro de Outono en Dumbría
Como cada ano, o Concello de Dumbría organiza un Ciclo de Teatro de Outono. Ciclo que percorre as parroquias do Concello visitando os centros culturais de Olveira, Buxantes, Berdeogas, Dumbría e O Ézaro. O ciclo dá comezo este domingo 14 de novembro no Centro Cultural de Olveira, onde Caramuxo Teatro representará a súa obra "Os Bolechas", a partir das 18:00h. Continuará en Buxantes o vindeiro sábado 20 de novembro con unha obra de Talía Teatro a partir das 19:00h. O domingo 28 de novembro toca en Berdeogas, onde Ditea Teatro amosará a súa obra "Aquí cheira a morte", dende as 19:00h. Para o sábado 4 de decembro o ciclo trasládase a Dumbría, onde Caramuxo Teatro volve con "Mensaxe nunha botella". Esta comezará ás 18:00h. E o ciclo péchase no Ézaro o sábado 11 de decembro. Candelexas trae a súa obra " [email protected]Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ". Esta será ás 19:00h.

Fonte

  • Nota de prensa do Departameto de Cultura do Concello de Dumbría.

Comentarios