Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Toda Dumbría únese contra a violencia de xénero

Diferentes colectivos de Dumbría volcados co #25N
Diferentes colectivos de Dumbría volcados co #25N
Toda Dumbría únese contra a violencia de xénero

Completa Semana arredor da campaña “En Negro Contras as Violencias” a que viviron os diferentes núcleos sociais do Concello de Dumbría. Unha semana para conmemorar Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, facendo partícipes a nenas e nenas, mozas e mozos, e con persoas adultas e maiores…. que participan en tódalas casas culturais e nas instalacións deportivas municipais.

Así, dende o equipo de fútbol sénior, á rapazada dos campamentos, ou as mulleres de xinmasia, quixeron lembrar que esta é “unha data para reivindicar e recordar”. Un xeito de amosar a “solidariedade e sentir con todas as persoas que, de forma directa ou indirecta, son vítimas da manifestación máis atroz da violencia de xénero, pero que comeza moito antes, invisible detrás de feitos sociais aceptados e fundamentados en crenzas e comportamentos estruturais e culturais”.

Esta campaña busca “un compromiso político de cara a implicación social” e focaliza as actuacións na coeducación, na educación en igualdade, dirixindo a nosa mirada cara as xeracións futuras. “Non é un feito puntual, senón unha expresión máis da estrutura patriarcal, unha agresión contra todas nós, contra todas as mulleres polo feito de ser mulleres”.

Por iso, en Dumbría saben que hai que “seguir traballando conxunta e coordinadamente coa implicación de toda a cidadanía para erradicar as violencias machistas que son inaceptables”.

25N en Cee, Carnota, Malpica, Vimianzo…

Os actos continuarán este luns 25 de novembro en diferentes lugares. Por exemplo, en Cee, onde o Concello convoca unha concentración matinal, ás 12:00h na Casa de Cultura coa comunidade escolar, e a Organización feminista Buserana convoca unha concentración o lema "Se é machista, non é xustiza” ás 20:30h na Praza 8 de marzo.

Tamén en Carnota hai actividades, primeiramente nas escolas, pero tamén co obradoiro “Elas Muralistas, e ca concentración das 20:00h que convoca a Asociación SonLilá.

Vimianzo, despois da batukada ds Curandeiras, fará tamén unha concentración convocada polo Concello ás 12:00h, Está previsto formar un “xigantesco lazo de cor violeta rodeado dun cadrado de cor negra”.

O Concello de Malpica programa para este 25N unha concentración ás 12:00 horas na praza Anselmo Villar Amigo.

Novas relacionadas

Comentarios