Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un concurso de arquitectura a nivel europeo premia o traballo dun dumbriés

Un concurso de arquitectura a nivel europeo premia o traballo dun dumbriés
LCG Arquitectura obtivo unha mención especial pola súa proposta de Santo Tirso, en Portugal LCG Arquitectura obtivo unha mención especial pola súa proposta de Santo Tirso, en Portugal Fernando Eiroa Fernando Eiroa Fernando Eiroa - natural de O Ézaro -xunto cos seus socios de LCG Arquitectura veñen de gañar un dos premios que otorga a Europan 13; un concurso de proxectos urbáns para arquitectos de toda Europa menores de 40 anos e nos que se presentaron máis de 1300 propostas. Concretamente os membros deste estudo de arquitectura coruñés gañaron o primeiro premio por Polonia co seu proxecto "River Gate" sobre Varsovia e acadaron unha mención especial por Santo Tirso (Portugal) coa proposta "Play Time". Baixo o lema "A cidade Adaptable: Auto-organización - Compartir - Proyecto (Proceso)" os participantes presentáronse ao desafío de "adaptar as principais cidades europeas á un desenvolvemento máis sustentable nun contexto de crise económica", indican dende a organización. Europan é un concurso bienal de ideas urbanas e arquitectónicas. Cada dous anos este prestixioso concurso convoca a arquitectos menores de 40 anos para que presenten as súas ideas sobre uns determinados emprazamentos urbáns ofrecidos pola organización. Nesta última edición, dos 154 equipos premiados 5o son españois. Fernando Eiroa a esquerda cos seus socios de LCG Fernando Eiroa, á esquerda, cos seus socios de LCG Arquitectura Ésta non é a primeira vez que os membros de LCG Arquitectura obteñen un recoñecemento polo seu traballo. Recentemente, o o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) otorgoulles o premio "Arte Efímera" pola súa ordenación do Festival do Norte en Arousa a base de palets.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios