Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un mar de botas e balóns do Fútbol da Costa para Angola

Un mar de botas e balóns do Fútbol da Costa para Angola
botas do Futbol da Costa para Angola O Fútbol da Costa xuntará unha marea de botas do para levar a Angola Nova iniciativa solidaria a que emprende o Fútbol da Costa. A idea é levar un mar de botas de fútbol, pu balóns, usadas pero en boas condicións, para Angola. A raíz dunha idea de Julio Vila, adestrador de fútbol base en Dumbría, o equipo de QPC proponse como obxectivo conseguir enviar un contedor cheo de botas para que os rapaces de Angola poidan disfrutar do fútbol como merecen. Deste xeito, habilitaránse varios puntos de recollida para todas esas persoas que sabemos tendes un montón de botas semiusadas no trasteiro, que non ides usar nunca máis, e que poden servir para seguir formando canteira no país africano. Nenos da AFA de Angola A entrega do material farase a mediados de xuño, cando unha expedición angoleña pase pola nosa bisbarra. Aí, gracias ao contacto de Toni Cortes, Directo Deportivo da Academia de Futebol de Angola (AFA), que xa coñece a nosa bisbarra tralo seu paso polo exitoso Congreso que organizou QPC e FT en 2016 en Carballo, farase a entrega do material para que leven ao seu país e poidan aproveitalo para os seus rapaces. Toni Cortes durante o Congreso de Fútbol de Carballo en 2016 Toni Cortés no Congreso de Fútbol de Carballo en 2016

Onde podes deixar as túas botas

Podes achegarte aos seguintes puntos:
  • Campo Municipal do Conco.
  • Campo de Xaviña, en Buño.
  • Agualada. Contactar con Julio (620927750).
Para calquera dúbida poden contactar con Alberto Pose (649 12 92 89).

Fonte

Comentarios