Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Unha xuntanza de ex alumnos para unir Dumbría dende medio mundo

Unha xuntanza de ex alumnos para unir Dumbría dende medio mundo
ex-alumnos-do-cpi-santa-eulalia-de-dumbria

26 anos sen verse levaban moitos dos participantes na xuntanza de ex alumnos do CPI Santa Eulalia de Dumbría da promoción 90/91. Dende Suiza armaron unha cea para ver esas caras que andan por diferentes partes do mundo, EEUU, Londres, as Canarias, País Vasco… Ao final, foron unhas 30 persoas (ademais da queridísima mestra Begoña Brea) as que participaron nesta emotiva cea, e se ben non puideron estar todos fisicamente, si que estiveron presentes a través de vídeos que mandaron dende os seus fogares e que se proxectaron durante a cea.

O Restaurante O Ariño de Xaviña non defraudou e fixo as delicias dos comensais, que entre lembranza e lembranza disfrutaron dun perfecto menú.

Un feliz xeito de deixar atrás o 2016, e arrincar o 2017 con ilusión e gañas de seguir unindo Dumbría dende o mundo.

xuntanza-de-exalumnos-do-cp-dumbria ex-alumnos-do-cpi-santa-eulalia-de-dumbria-2

Fonte

Comentarios