Venres. 29.03.2024
El tiempo

O concello de Santa Comba regula a pegada de carteis propagandísticos

O concello de Santa Comba regula a pegada de carteis propagandísticos
  carteleria-santa-comba As comisións de festas e empresas teñen ata o 30 de xuño para retirar os carteis das fachadas, sinais, marquesinas,... O concello de Santa Comba vén publicar unha nova ordenanza para regular a pegada de carteis propagandísticos. Tanto as comisións de festas como as empresas e particulares terán de prazo ata o 30 de xuño de 2017 para retirar e deixar espazos limpos de propaganda e a partir desa data procederase a tramitar as sancións establecidas en dito regulamento. Así, a partir do 1 de xullo a Policía Local procederá á revisión do mobiliario urbano tanto do casco urbano como das parroquias en busca de infraccións no Regulamento de Servizos Municipais de Limpeza Viaria, en referencia á pegada de cartelería en lugares prohibidos. Asimismo, dende o concello de Santa Comba lembran que tamén está prohibido a colocación de carteis en sinais de tráfico polo que, ao mesmo tempo, informaráse ó titular da carretera (Deputación, Xunta,...) de dita infracción. carteles-santa-comba As sancións oscilan entre os 501 e os 1.500 euros Desta forma, o concello xalleiro prohibe colocar carteis e realizar inscircións ou pintadas en paredes, muros, fachadas, farolas, cancelas, papelerias,... Colocar carteis en lugares non permitidos ou realizar unha pintada será considerada como unha infracción grave que acarreará unha sanción que oscila dende os 501 ata 1.500 euros. O obxecto de dita ordenanza - segundo sinalan dende o concello de Santa Comba - é manter as condicións e limpeza e a estética da vila. Fonte 

Comentarios