Martes. 16.04.2024
El tiempo

O deseñador gráfico Juanulu Nacha gaña o concurso do cartel do San Xoán de Carballo

O deseñador gráfico Juanulu Nacha gaña o concurso do cartel do San Xoán de Carballo
juanulu-nacha-cartel-carballo O deseñador ferrolán é a 2º vez que gaña este concurso Ainda que a imaxe non se fará publica ata a presentación oficial, as festas do San Xoan de Carballo xa teñen cartel. Por segunda vez, será obra do deseñador gráfico ferrolán Juan Luis Fernández Pérez, máis coñecido no mundo artístico coma Juanlu Nacha. Nesta ocasión presentouse ao concurso convocado pola asociación cultural San Xoán baixo o pseudónimo de Faragulla, e onte mesmo declarábase sorprendido gratamente co fallo do xurado, agradecido e moi contento de volver a deseñar o cartel das nosas festas. Juanlu Fernández recibirá un premio de 450 euros, patrocinado un ano máis por Optical!a Enríquez. O xurado do concurso estivo integrado este ano por Mar Eirís, concelleira de Festas e Educación; María José Souto, presidenta da Asociación Cultural San Xoán; Maica Ures, concelleira de Igualdade e Benestar; Daniel Pérez, concelleiro de Xuventude; Gustavo Lorenzo, Sergio Varela e Inés Muíño, membros da comisión de festas; Xiana Márquez, monitora cultural do concello de Carballo, e Carmen Castro, en calidade de secretaria. Traxectoria Juanlu Fernández, que soprendou co seu deñeso no ano 2015 coa súa peculiar Cachela, presentou nesta ocasión un deseño completamente distinto que se utilizará tanto para o cartel como para a portada da revista e o resto dos soportes promocionais das festas de San Xoán. Nacido en Ferrol no ano 1973, Juan Luis Fernández Pérez é técnico especialista en Artes Gráficas e máster en Deseño Gráfico con coñecementos en pintura dixital. A súa traxectoria profesional comezou na Universidade de Santiago. Desde o ano 1999 traballa como deseñador gráfico en Cormorán Producións Gráficas e desde o 2014 faino tamén como ilustrador en Garabatos de Juanlu, nome que comparte cunha páxina de Facebook.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios