Venres. 29.03.2024
El tiempo

5 mariñeiros salvan a vida tras afundir un barco fisterrán

porto fisterra
5 mariñeiros salvan a vida tras afundir un barco fisterrán

Esta pasada noite de luns ao martes, o porto de Fisterra perdía unha das súas embarcacións de pesca artesanal máis simbólicas. O “Porto Freixo Dous” ía a pique a 6 millás da costa fisterrá, na zona do Gurgullo. Afortunadamente os 5 tripulantes puideron saltar cons balsas salvavidas e pouco despois foron rescatados pola tamén embarcación fisterrá “Sempre Airiños”.

Segundo informaba o propio patrón, Marcial Sar, á Radio Galega, apenas un par de horas despois do suceso. “Estabamos largando o aparello ás 6:00 e pico da mañá, e parece que agarrouse algo, apagouse o motor. Volvemos acendelo, pero pronto volveu a apagarse e comezou a encherse de auga”. Xa non había volta atrás, avisaron aos barcos que faenaban arredor, e saltaron a esperar que os rescatasen.

O barco tiña 23 anos.

Comentarios