Luns. 23.09.2019
El tiempo

75 novos pequenos creadores de APPs en Fisterra

75 novos pequenos creadores de APPs en Fisterra
Kuka Sar entregando os diplomas na Clausura do Curso de Informatica de Fisterra Teresa Fernández e Kuka Sar entregando os diplomas na Clausura do Curso de Informatica de Fisterra

O Concello de Fisterra tivo o xoves, 23 de agosto o acto de clausura dos cursos de informática e creación de apps para dispositivos móbiles para rapaces e rapazas de 4 a 17 anos levados a cabo durante os meses de xullo e agosto.

A clausura celebrouse no salón de actos do Concello de Fisterra e a entrega de diplomas correu a cargo da Concelleira de Cultura, Educación e TIC´s Teresa Fernández Martínez e o tenente de alcalde Xan Carlos Sar Oliveira.

Foron un total de 75 participantes os que tiveron a oportunidade de aprender dende os primeiros contactos coas novas tecnoloxías ata programas de creación e edición de videos, música, retoque dixital , linguaxes de programación, aplicacións web e creación de apps.

Comentarios