Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Asociación de Veciños Costa da Morte pide de novo a transferencia da estrada do Faro

A Asociación de Veciños Costa da Morte pide de novo a transferencia da estrada do Faro
Unha vez mais (e van...) a entidade veciñal fisterrá solicita que a estrada que comunica a vila co Faro, actualmente competencia da Autoridade portuaria, pase a ser xestionada polo concello. Nun novo escrito, a entidade " vese na obriga de reiterar a necesidade de que a estrada de servizo ao Faro de Finisterre, de titularidade da Autoridade Portuaria da Coruña, sexa transferida ao Concello de Fisterra, co fin de que poida ordenar o tráfico para os usuarios da mesma, moi en especial para os numerosos turistas que fan uso dela durante o ano". Os peregrinos teñen que pelexar cos coches para subir ao Faro-Foto-Darío Os peregrinos teñen que pelexar cos coches para subir ao Faro-Foto-Darío Gómez No escrito, José Fernando Carrillo, presidente da entidade, considera que "a estrada ao Faro foi realizada para facilitar o acceso para os servizos de sinais marítimas pero que na actualidade este obxectivo quedouse nunha situación marxinal, xa que o número de turismos e autobuses que fan uso do vial supera con fartura ao do servizo ao Faro e non impide nin prexudica ese obxectivo prioritario. Creen desde a asociaciones vecinales que " a Autoridade Portuaria da Coruña, responsable da estrada ao Faro, así como do propio Faro non ten dentro das súas competencias a promoción e o ordenamiento turístico polo que se converte nun verdadeiro lastre para un municipio turístico como é o de Fisterra. Ademais, consieran que "é lamentable a imaxe que dá na estrada ao Faro na tempada alta de turismo e nas datas puntais de Semana Santa ou nas festas de Fisterra cando a aglomeración de coches e autobuses por falta dunha ordenación do tráfico na mesma provocan caravanas, imposibilidade de aparcar e un sinfín de molestias que invitan a non volver visitar ese lugar en prexuízo dun dos principais recursos económicos e laborais do municipio como é o turismo".

Comentarios