Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A asociación de veciños de Fisterra reclama varias actuacións na vila

A asociación de veciños de Fisterra reclama varias actuacións na vila
Barcos de pesca artesanal no porto de Fisterra Imaxe do porto de Fisterra A asociación de veciños “Costa da Morte”, de Fisterra, vén de presentar dous escritos no concello. O primeiro deles fai referencia ás deficiencias detectadas pola entidade veciñal no porto da vila e que, ao seu parecer, deben ser enmendadas por Portos de Galicia, xa que a zona é da súa competencia. Dende a asociación de veciños de Fisterra sinalan que as barandillas de protección colocadas hai uns anos están actualmente "oxidadas" o cal, ao seu parecer, "orixinan un perigo para os usuarios". Tamén indican que hai lousas de pedra soltas na fachada marítima do porto, especialmente xunto á lonxa e no cruce da estrada do porto (rúa Federico Ávila) coa rúa Santa Catalina (onde está a parada de taxis). Asimesmo, dende a entidade veciñal sinalan que no firme da estrada de acceso ao porto hai empredados que se afundiron e outros que están soltos; ao igual que moitas das rexillas dos sumidoiros pluviais. Dende a asociación de veciños "Costa da Morte" indican que "ao parecer" as cámaras de seguridade instaladas no porto fisterrán están fóra de servizo deixando así ao descuberto a vixianza na zona e provocando unha situación de inseguridade para os/as donos/as das embarcacións. E co fin de conseguir unha maior seguridade, os veciños piden que se restrinxa o ingreso á zona dos pantaláns.   Praia de Corveiro O segundo dos escritos presentados pola asociación de veciños “Costa da Morte”, de Fisterra, no concello fai referencia a un accidente que tivo lugar fai aproximadamente un mes no contorno da praia de Corveiro. Despois de sairse da estrada, o coche caeu polas escaleiras que conducen ao areal e posteriormente incendiouse. Como consecuencia, producíronse danos nos accesos á praia (no pavimento das escaleiras, nas barandas de protección e nas farolas do alumeado públicos) así como na maleza a raíz das lapas. Segundo sinalan dende a entidade veciñal, os danos continúan sen reparar e ao aproximarse a tempada estival solicitan que o Concello lle reclame á empresa aseguradora do vehículo accidentado a realización das obras de reparación con "carácter urxente". Fonte Redacción QPC ([email protected]) Asociación de Veciños "Costa da Morte"  

Comentarios