Mércores. 22.05.2019
El tiempo

A Escola Municipal de Teatro de Fisterra estrea a súa nova obra con dous cheos absolutos

A Escola Municipal de Teatro de Fisterra estrea a súa nova obra con dous cheos absolutos
Foto de familia da Escola Municipal de Teatro de Fisterra Foto de familia da Escola Municipal de Teatro de Fisterra Noite de nervios e de emoción a que viviu Fisterra o pasado venres. O Salón de Actos do Concello vestíase de gala para a estrea de "Agora mandamos nós (con perdón de Aristófanes)”, a nova obra da Escola de teatro do Concello de Fisterra. A versión da actriz Marta Lado de "A Asamblea das mulleres de Aristófanes", resultou un éxito rotundo quedando as entradas agotadas no primeiro pase do venres e na tarde do sábado. Máis dunha hora de risas onde o público disfrutou, unha vez máis do humor, ironía e retranca da xente de Fisterra. Presumen estes grandes actores e actrices da mellor mestra que se pode ter, a actriz profesional Marta Lado, que ademais é unha ben querida veciña. Logo de rematar a función o público levantouse das súas butacas e despois de varios minutos de aplausos, os alumnos fixeron entrega de dous ramos de flores e de palabras de agradecemento a súa profesora Marta Lado, ao Concello de Fisterra e en especial á incansable Concelleira de Cultura, Teresa Fenández, por tantas horas de costura do vestiario, así como ao deseñador da escenografía Pancho Lapeña. Foron varios meses de moito traballo, para un resultado inmellorable. [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellodefisterra/videos/922741047885578/?t=10" width="800" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-entroido-de-fisterra-mais-sagrado-que-a-resurreccion/ https://quepasanacosta.gal/marta-lado-e-federico-perez-nomeados-para-os-mestremateo17/

Comentarios