Martes. 22.09.2020
El tiempo

A estrella Vega brillou en Fisterra

A estrella Vega brillou en Fisterra
Grande Vega. Grande sabor o que deixou na vila do Cristo trala súa máxica actuación que completaba as Festas do Carme de Fisterra. Como ben indica o seu nome, a estrella brillou con luz propia. I é que a cantante, que nacía da man do concurso de Operación Triunfo, ten sabido escoller o seu camiño. Alonxada de temas prefabricados, esta artista tomou as rendas da súa carreira para afianzarse en solitario alonxada de prexuizos. E ademais faino de cara, con naturalidade e sinxeleza. Media Fisterra conseguíu sacarse unha foto coa artistas (vemos abaixo a Xusto Gómez, colaborador desta casa). Non perdeu o sorriso en ningún momento, e o que é máis importante, entregou todo o que tiña no escenario, non coma outros... Pechou así a artista o seu Camiño na fin do mundo, i é que como escribe no seu Facebook, esta cita era moi especial para ela.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( [email protected]Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.

comentarios