Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller

A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller
lucia-costa-fotografia-rapsodia

Sempre nos gusta chegar a eses traballos de artistas costeiros polo mundo. Hoxe imos ata A Coruña, ata o Café Universal, un dos centros históricos da bohemia herculina, onde unha fisterrá, Lucía Costa, está deixando a súa impronta cunha exposición fotográfica, na que fai unha oda á muller para celebrar o Día Internacional da Violencia, este 25 de novembro.

”Rapsodia” xa loce nas parades do café (farao ata xaneiro), e consta dunha serie de retratos e plans detalle onde a muller é a principal protagonista. Para Lucía esta exposición “ é unha rapsodia na que se escollían versos soltos para recitar de un poema. Son neste caso imaxes soltas dunha mesma película”, explica.

”Dende os meus comezos na fotografía sempre me interesou especialmente o retrato, o retrato da muller en “primeiro plano”. Crecín rodeada de mulleres todo o tempo, miña nai, miña irmá, miña avoa, miñas tías, amigas, curmás, veciñas… e gústame foografialas porque me recoñezo en infinidade de cousas”.

lucia-costa-fotografia-rapsodia

Máis info

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios