Venres. 29.03.2024
El tiempo

A mámoa fantasma de Fisterra

A mámoa fantasma de Fisterra
Terreos de labradio en Denle Fisterra onde Patrimonio ten catalogado un tumulto fantasma Terreos de labradío en Denle Fisterra onde Patrimonio ten catalogado un tumulto fantasma Ter un vestixio arqueolóxico na túa finca e non sabelo debe ser un asunto complicado. Pero que Concello e Patrimonio consideren que tes unha mámoa nunha das túas terras de labradío, e que en 30 anos de traballo non atopases nin unha pedra de 30 cm, se cadra é aínda peor. Así lle acontece á familia do fisterrán Juanfran Martínez, que ve como a inminente aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fisterra pode deixar 40.000 m2 de terreos (do seu avó e de varios veciños) baixo unha estrita protección pola suposta presencia dun tumulto do Neolótico-Idade de Bronce. Leva dende 2002, intentando demostrar que no lugar que indica Patrimonio e que recolle o PXOM non hai absolutamente nada, pero parece imposible convencer a dúas administracións que se botan as responsabilidades unha á outra. “Non hai estudos de nada e parécenos incrible que aseguren iso”, explica Juanfran, despois de que dende Patrimonio lle dixeran que teñen o ben catalogado por un informe da administración local, mentres que dende o Concello lle teñen asegurado, mesmo por escrito, que “non existe ningún expediente que avale a existencia do mesmo”. Sen embargo, a redacción do PXOM, asinado por José Ramón Lema en abril deste 2018, recoñece a presencia deste túmulo cun nivel de protección de grado III, recoñecendo, iso si, que “non puideron observar directamente o xacemento, pero que segundo a información existente trataríase dun tumulto practicamente arrasado polos traballos agrícolas, con 14metros de diámetro, e 0,5m de altura, sen restos de estruturas pétreas”. Agora, a familia ten que gastar 2.000 no equipo de arqueólogos, que virán a vindeira semana, para corroborar a súa tese, que na zona non hai vestixio ningún. “Debería facelo o Concello, pero temos que facelo nós porque na última reclamación Patrimonio nos dixeron que tardaría 3-4 meses para estudiar o caso e daquela igual xa está aprobado o PXOM”, moi avanzado e podería ser sacado adiante antes de que remate o ano despois de 17 anos de trámites.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pxom-de-fisterra-poderia-estar-listo-no-veran-17-anos-despois/

Comentarios