Venres. 29.03.2024
El tiempo

A unidade móbil do Centro de Transfusión de sangue visita Malpica

A unidade móbil do Centro de Transfusión de sangue visita Malpica
Plantilla Cartel A3 O Centro de Transfusión de Galicia e o  concello de Malpica veñen de poñer en marcha unha campaña especial de doazón de sangue en Malpica e Buño. Unha unidade móbil desprazarase o luns 4 á capital municipal. O vehículo estará a disposición das persoas que queiran sumarse a este acto solidario diante do Centro Cívico, en horario de 10:30 a 14 e de 16:30 a 21 horas. O martes 5 a unidade móbil estará diante do Teleclub de Buño dende as 16:30 ata as 21 horas. En varias ocasións, a Costa da Morte mostrou a súa solidaridade neste eido. A última foi o repunte de doazóns que se rexistrou en Fisterra despois de que os alumnos do IES Fin do Camiño promovesen unha campaña de concienciación pola que foron premiados.

Novas relacionadas

Fonte  

Comentarios