Sábado. 21.09.2019
El tiempo

A veciñanza de Fisterra pide a conexión da rede de sumidoiros do Cabo

A veciñanza de Fisterra pide a conexión da rede de sumidoiros do Cabo

Vén de presentar a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra varios escritos no Concello para solventar temas relacionados co saneamento, coa limpeza e a comunicación. Ademais da eterna petición da reubicación da estación de autobuses, o presidente da entidade, Fernando Carrillo pide ao Concello que tome medidas para solventar o problema de saneamento que na zona do Cabo Fisterra.

A entidade valora a boa imaxe que está deixando a empresa explotadora do Semáforo de Fisterra, pero lembra que “carece do servizo de rede de sumidoiros, razón pola cal as augas residuais van a unha fosa séptica que é totalmente insuficiente“. Por iso, e considerando que “é competencia do Concello a instalación da tubaxe da rede de sumidoiros como parte dos servizos urbanísticos dos que deben estar dotadas os lugares que están edificados e máis aínda un edificio hostaleiro propiedade do Concello e obxecto da concesión administrativa”, pideque o Concello de Fisterra proceda “á redacción do proxecto de instalación da tubaxe de rede de sumidoiros desde o Faro até a conección coa rede xeral de rede de sumidoiros, dóteselle da partida orzamentaria correspondente e sáquese a contratación.”

Iluminación e limpeza

Así mesmo a entidade pide que se coloquen os puntos de iluminación pública necesarios entre a Piteira e San Salvador na estrada a Rostro. E que a empresa do tren turístico proceda a solventar os problemas mecánicos que provocan que vaia deixando un reguero de aceite por toda a vila.

Tren Turistico de FIsterra Tren Turistico de FIsterra

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-caos-segue-reinando-na-parada-de-buses-de-fisterra/

Comentarios