Xoves. 18.04.2024
El tiempo

APECSA fai a súa Camiñada anual ata o fin da terra

APECSA fai a súa Camiñada anual ata o fin da terra
Guiada polo experto Manuel López Martínez (Alexandre Nerium), a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) realizará este sábado 17 de novembro a sétima das rutas dos Periodistas do Camiño, co apoio de AGACS e a Asociación Turismo Fisterra. Unha cita que serve para conmemorar do 25 aniversario do Xacobeo 93 e da declaración da Ruta como Patrimonio Mundial. A asistencia á Camiñada é libre e gratuíta. A ruta comeza ao fío das 10.30 na lonxa de Fisterra, para visitar, seguindo a ruta do Camiño, o Museo da Pesca, a Igrexa de Santa María das Areas e, finalmente, o Faro, con regreso por Pedras Santas, a Ínsua e a praia de Mar de Fóra. Rematarán a xornada cun xantar coloquio distendido xunto con Xan Carlos Sar Oliveira, tenente de alcalde de Fisterra; Sonia Fábregas, a Asociación Turismo Fisterra; presidente e vicepresidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro e Luís Celeiro; e o da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Manuel López.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/turismo-fisterra-fara-entrega-dos-seus-primeiros-premios/

Comentarios