Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aprendendo a pilotar drons

Aprendendo a pilotar drons
fisterra-pilotaxe-drons O pasado venres, un grupo de nenos e nenas de 12 a 16 anos participaron nunha actividade de pilotaxe de drons organizada pola Aula CeMIT de Fisterra Un grupo de rapaces e rapazas de 12 a 16 anos participaron o pasado venres nunha xornada de pilotaxe de drons organizada pola aula CeMIT de Fisterra. Despois dunha introdución sobre os controis e movementos que ten un dron, pasouse á práctica nun circuíto habilitado para entrenarse na condución dos aparellos, así como na competición entre os participantes. Ao final das 5 horas de actividade, ademais dunha ampla evolución na pilotaxe, tamén se transmitiron, de maneira lúdica, valores como o respecto polos tempos, a organización e colaboración entre uns e outros. Ademais de ser unha actividade novidadosa tivo unha boa aceptación entre os participantes. E unha mostra diso foron os comentarios dos/as aprendices, quen pediron se se podía repetir outro día. Fonte

Comentarios