Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Anpas da Costa da Morte organizan unhas xornadas en Fisterra

As Anpas da Costa da Morte organizan unhas xornadas en Fisterra
xornadas anpas costa da morte fisterra Tras un intenso ano académico, a Federación de Anpas da Costa da Morte e a Confederación de Anpas Galegas organizan unhas xornadas "con actividades formativas, lúdicas e de confraternización" en conlaboración co concello de Fisterra que terán lugar a vindeira fin de semana. As xornadas "Anpas Galegas na Fin do Mundo" comezan o sábado, día 21, coa presentación o salón de plenos do concello fisterrán a cargo de - presidente da Confederación Anpas Galegas- e  Teresa Fernández Martínez - concelleira de Educación de Fisterra -. De seguido terá lugar a sesión dos "Concellos Educadores" moderado por Javier Sánchez e nos que particparán Teresa Fernández Martínez - concelleira de Educación de Fisterra-; Carme Fouces Díaz - concelleira de Educación de Pontevedra-; Silvia Cameán Calvete -concelleira de Educación de A Coruña-; Mar Eirís Villar - concelleira de Educación de Carballo-; Olga Alonso Suárez - concelleira de Educación de Vigo -  e Jesús Basterrechea López - concelleiro de Educación de Ferrol- . Xa pola tarde - de 17 a 18:45 horas- María Carmen Loureiro (licenciada en Psicoloxía, profesora no IES da Illa de Arousa) encargarase de falar de "A xestión das emocións. A Educación Emocional". A  continuación intervirán María Lado e Lucía Aldao con "Era poesía e ti non o sabías". A cea e os debates terán lugar a partir das 21:30 horas no hotel Áncora de Fisterra. As xornadas na "Fin do Mundo" continúan o domingo, día 22, cun roteiro que terá lugar entre as 11 e as 13:30 horas no que se analizarán o recursos educativos da contorna de Fisterra. Os interesados en participar deben inscribirse premendo aquí. Fonte

Comentarios