Venres. 29.03.2024
El tiempo

As cabras, a nova icona do Cabo Fisterra

As cabras, a nova icona do Cabo Fisterra
Cabras no Semaforo de Fisterra Cabras rodeando o Semáforo de Fisterra

Protagonistas involuntarias, as cabras do Cabo Fisterra reciben sorrintes a visita dos turistas e peregrinos que veñen disfrutar do fin da terra. Completan a visita daqueles que paran tomar un chiquito ou comer no Semáforo, ou que simplemente van disfrutar dun dos solpores máis emotivos e fermosos do mundo.

Pero que fan as cabras no Promontorio Nerium? Caimán, un escorregadizo cabreiro local, solta cada día as súas 35 cabras para deleite dos montes e dos turistas.

Kuka Sar, teniente alcalde, recoñece que “de rapás non lembro ver as cabras por aí, pero xa un pouco máis adiante, xa polos anos 90, creo que as segue habendo”. El mesmo conta que as cabras son moi valiosas por varios puntos: “fan moitísimo na loita contra os incencios, porque rasuran as malas herbas e manteñen limpos os montes. Ademais non cabe dúbida que son un gran reclamo turístico e son moi fotografadas polos turistas”.
Pero hai unha cousa que non gustaba ao goberno municipal: as excrecións polas explanadas. Nada como un apretón de mans entre cabrero e concello para que o primeiro se comprometa a manter limpa a zona.

Kuka explica que hai ademais un proxecto no caixón para o Monte do Cabo. Un proxecto que de seguro se atopa cos impedimentos de Patrimonio por acoller a zona o conxunto de San Guillerme. Mentres, os axentes forestais soñan co “Bosque Atlántico da fin do Camiño, repoboando con especies autóctonas (castiñeiros, carballos, bidueiros…) no canto de piñeiros, e mesmo acotar unha zona para largar porco celta.

Precisamente as xentes da Insua contan que antes da repoboación forestal dos anos 60 había cabras no monte, pero comía nos novos piñeiros tiveron que prohibilas. En todo caso, hai quen lembra xa polos anos 80 ver as cabras do “Relojero” polo monte arriba.

Así, parece que en breve se convertirán nunha imaxe icónica do Promontorio Nerium-.

Cabras polo monte do Cabo Fisterra Cabras polo monte do Cabo Fisterra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios