Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Aula CeMIT de Fisterra abre novos cursos de LibreOffice e de planificación turística

Formacion en turismo e Tecnoloxia durante o mes de marzo na Aula Cemit Fisterra
A Aula CeMIT de Fisterra abre novos cursos de LibreOffice e de planificación turística

Interesantes cursos que abre a Aula CeMIT de Fisterra. Ademais de ensinar as ferramentas tecnolóxicas máis usadas en calquera oficina, Alicia López propón unha serie de obradoiros para mellorar as nosas experiencias viaxeiras.

Estes talleres de Turismo e Tecnoloxía comezan o 6 de marzo axudado a preparar o “kit online de viaxe”; continúa o 13 axudando a buscar unha boa axenda de ocio. O 20 de marzo será empregado en aprender a atopar os restaurantes máis apetecibles e o 27 será para aprender a gardar as imaxes de cada viaxe.

Formacion en turismo e Tecnoloxia durante o mes de marzo na Aula Cemit Fisterra2

Libreoffice

codix20

Tamén está aberto o prazo de inscrición no curso de LibreOffice. Un curso aberto a todo o mundo que polo menos se manxe ben co teclado, co rato… que servirá para coñecer as ferramentas máis usadas nas oficinas en clave ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, base de datos, etc.), usando ademais ferramentas libres.

O curso permite acadar os coñecementos e recursos necesarios para a preparación da proba libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, CODIX, .

Podes inscribirte directamente na web, na aula ou a través do teléfono 673 08 17 40.

Comentarios