Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aumentan as queixas pola invasión peregrina no areal de Mar de Fóra

Aumentan as queixas pola invasión peregrina no areal de Mar de Fóra
As tendas de campana invaden Mar de Fora-Foto-Ana Belen Lourido

Tempos de verán e o Camiño de Santiago, a auténtica galiña dos ovos de ouro para a comarca fisterrá, énchese con toda clase de peregrinos. Dende os máis finos, que rematan o Camiño a golpe de mariscada; ata os máis austeros, que non pasan do bocata e que prefiren durmir en tendas de campaña que mesmo nos albergues. Cómpre dicir, antes de nada, que para nós todos son riqueza, e máis alá de que consuman moito ou pouco, todos, de seguro, farán de grandes embaixadores da nosa bisbarra alá a onde volvan.

O que xa non é aceptable é o mal uso do espazo público. Así, estes días vimos de recibir varias queixas veciñais non só pola invasión das tendas de campaña no areal de Mar de Fóra. Os veciños da zona, así como a Asociación de Veciños "Costa da Morte", teñen denunciado ao Seprona as laradas realizados con madeiras das hortas do arredor, o ruído das longas noites de troula, o uso da Cova do Encanto como retrete, ou o da fervenza dos Aveláns como lavadoiro para sarténs, potas, roupa e demais enseres.

Os veciños piden ás administracións que tomen medidas para controlar o uso destes espazos públicos e naturais.

Novas relacionadas

Comentarios