Luns. 28.09.2020
El tiempo

Os Bombeiros tiveron que sufocar a un incendio dun vehículo en Estorde e dunha vivenda en Fisterra

Incendio dun vehiculo en Estorde-Foto-ADC Bombeiros
Incendio dun vehiculo en Estorde-Foto-ADC Bombeiros
Os Bombeiros tiveron que sufocar a un incendio dun vehículo en Estorde e dunha vivenda en Fisterra

Noite complicada a de onte a do domingo para os Bombeiros Costa da Morte da base de Cee. Eran ás 23:20 cando tiñan que desprazarse ata Fisterra, por un incendio nunha vivenda da Avd. da Coruña Nº8. A vivenda estaba ardendo cando chegaron, con moita carga térmica, polo que tiveron que facer o traballo completo de extinción, enfriamento e desescombros. En todo momento estiveron axudando os membros de Protección Civil de Fisterra.
Viuse afectada polo lume unha habitación e un aseo, o resto da vivenda estaba afectada polo fume. Afortunadamente houbo que lamentar danos a persoas.

Incendio dunha vivenda en Fisterra-Foto-ADC Bombeiros
Imaxe da vivenda calcinada

Pouco despois, antes das 2:00h da madrugada, cando voltaban á base, tocaba parar en Estorde. No nº153 estaba ardendo un vehículo, xa sinistro pero ardendo. Fixeron labores de extinción e enfriamento.

comentarios