Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Buscan en Fisterra un mozo de Lousame desaparecido esta semana

Buscan en Fisterra un mozo de Lousame desaparecido esta semana
Dispositivo de busca do mozo de Lousame desaparecido por Fisterra Dispositivo de busca do mozo de Lousame desaparecido por Fisterra Jose Manuel Busto desaparecido e buscado por Fisterra

Esta mañá de sábado, a Garda Civil continuará co operativo de búsqueda dun mozo de Lousame desaparecido en Ribeira este pasado mércores 26 de outubro. O mozo, de 24 anos, desaparecía no seu coche, que precisamente era atopado duranta a tarde venres nas inmediacións da antena Marconi, no termo municipal de Fisterra.

Un peregrino atopara unhas chaves e un teléfono o pasado xoves nas inmediacións do Cabo Fisterra, e as entregara no Semáforo. Esta mañá de venres, unha das traballadoras, buscando información sobre o propietario, acabou falando co pai do mozo, que de contado avisou a Garda Civil para comezar o dispositivo de búsqueda pola vila do Cristo.

Un helicóptero acompañou aos membros da Garda Civil e de Protección Civil na búsqueda do mozo tanto nas inmediacións de Marconi como nas pedras do Cabo Fisterra, pero polo de pronto sen sorte.

Como explica o teniente alcalde fisterrán, Kuka Sar, xa na zona dende o primeiro momento, durante a mañá do sábado continuará o dispositivo con máis medios, mesmo a presencia dos GEAS.

O coche do mozo de Lousame desaparecido nas inmediacions de Marconi-Fisterra O coche do mozo de Lousame desaparecido nas inmediacions de Marconi-Fisterra Helicoptero da Garda Civil buscando por Marconi Helicoptero da Garda Civil buscando por Marconi  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

 

Comentarios