Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camiñar recollendo lixo para disfrutar e manter "clean" o noso Camiño

Camiñar recollendo lixo para disfrutar e manter "clean" o noso Camiño
Camino Clean pola Costa da MorteCamino Clean pola Costa da Morte A chegada desta iniciativa medioambietal, que tivo que ser aprazada o pasado mes de marzo polo mal tempo, por fin aterrará na nosa bisbarra. “Camino Clean”, o proxecto da axencia de viaxes Tee Travel, chega co obxectivo principal de conservar o valor dos recursos naturais do litoral costeiro, coidando de paso o noso patrimonio natural e cultural. Para iso organizan para o 14 de abril unha camiñada de 8km recollendo plásticos e lixo na Costa da Morte, facendo unha camiñada dende a Praia do Rostro a Lires. Desta forma, non só mantense limpa de lixo a zona, se non que se disfrutará . A empresa arousana arrincará ás 11:30h na Praia do Rostro, e camiñar ata Lires recollendo todo o lixo que se atope polo Camiño. Ás 14.30 realizarase un xantar informal en Lires. Unha vez finalizada a actividade ás 17.00 horas, regresarase no autocar ás cidades de orixe, sendo Santiago de Compostela a primeira parada. As persoas que estacionen o seu coche en Praia do Rostro terán un servizo de traslado gratuito ofrecido por Tee Travel.

O turismo do futuro

Desde Tee Travel consideran que este tipo de iniciativas axudan a promover un turismo concienciado e respetuoso co medio ambiente. O seu obxectivo: limpar de residuos todo o noso patrimonio natural. Nesta segunda edición participarán nenos e nenas, e é que, si lles inculcamos a eles o amor pola natureza e ensinámoslles a non ensuciar a mesma, estaremos creando uns adultos responsables co medio ambiente.

Aforo completo

Nesta segunda convocatoria de Camiño Clean superáronse as expectativas dos organizadores, completando o aforo. Os participantes coñecerán de primeira man o movemento e poderán gozar dunha experiencia única.

Fonte

Comentarios