Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Case 100 motos clásicas ruxiron dende Zas por toda a Costa

Case 100 motos clásicas ruxiron dende Zas por toda a Costa

Impresionante ver como estas fins de semana de sol a Costa da Morte se enche de motos. Motos das novas, pero tamén, das míticas. Foi tremendo escoiatr o ruxir das máis de 90 motos que atravesaron a bisbarra na VIII Concentración de Motos Clásicas de Zas. Unha cita que cada ano congrega máis motos.

Onte, as motos partiron de Baio, tras facer unha pequena sesión de exposición na que os máis pequenos foron os que máis disfrutaron. Os sidecars foron dos máis aclamados.

Dende Baio percorreron a bisbarra ata o mesmo Faro Fisterra. Pararon tamén no Porto a sacar unha foto co alcalde fisterrán, e pegaron a volta ata Fornelos, onde celebraron un xantar con agasallos e todo.

Campamento e tiro con arco

Participantes-no-Campamento-de-Veran-de-Zas-2012

Ademais, Zas continúa inmerso no seu Diververán. Esta fin de semana 32 nenos, de 8 a 14 anos, participaron no campamento en Naturmaz dende o 18 ao 20 de xullo, onde ealizaron: tirolina, rappel, escalada, paintball, piragüísmo, tiro con arco, sendeirismo, xincanas de xogos,... e tamén participaron na súa primeira cea medieval.

Entrementres a Asociación Su A Agra de Baio, imparte o curso de tiro con arco. A primeira sesión foi o sábado 21, e aínda queda o próximo sábado 28. Participaron unhas 20 persoas de tódalas idades.

Novas relacionadas

Comentarios