Venres. 19.04.2024
El tiempo

Catro comparsas parodiarán o Entroido de Fisterra

Catro comparsas parodiarán o Entroido de Fisterra
comparsa-tortugas-y-peces-fisterra "Tortugas y peces" foi a comparsa gañadora no concurso do ano pasado O tradicional concurso de Entroido de Fisterra - organizado polo concello - contará este ano con catro comparsas, unha menos ca o ano pasado. A cita será o martes 13 de febreiro, ás 18 horas, no pavillón da vila onde sacarán o mellor da retranca fisterrá xunto cuns traxes e posta en escea que delatan meses de traballo. Os grupos concursantes son "Os enjominados de Sée" (de Cee) "Tortugas y peces", "Os Trotamúsicos" e "Os da Charca" (as tres de Fisterra). En total repartirantse 3.300 euros en premios (1.400 euros para o 1º premio, 1.100 euros para o 2º premio e 800€ para o 3º). A outra comparsa participante recibirá unha axuda económica de 300€. O entroido en Fisterra arranca xa o venres, día 9, cos desfiles dos centros educativos e o sábado desfilarán distintas comparsas pola vila e a actriz Isabel Risco lerá o pregón. Xa ás 19 horas e como novidade, haberá un concurso de disfraces para adultos. Os máis pequenos tamén terán o seu día, o domingo 11, co concurso de disfraces infantil. E para despedir o entroido, o sábado 17, farán o enterro do polbo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios