Domingo. 07.06.2020
El tiempo

O coronavirus cóbrase a terceira vítima fisterrá, sumando un total de 12 na comarca

Residencia de Maiores de Fisterra
Residencia de Maiores de Fisterra
O coronavirus cóbrase a terceira vítima fisterrá, sumando un total de 12 na comarca

Esta pasada madrugada falecía unha octoxenaria da Residencia de Maiores de Fisterra. Súmase á que falecía o pasado domingo, nunha Residencia que está illada dende hai xa semana e media, cando se detectaban o primeiro positivo, e que está pasando momentos complicados, pero agradecendo a marea de solidariedade que encheu aos [email protected] profesionais de material.
Dase a circunstancia de que o pasado luns falecía un home nonaxenario na Residencia, pero que dera negativo na proba.

A día de hoxe, a terceira muller que deu positivo está ingresada no Hospital Virxe da Xunqueira. En todo caso, dende o Centro piden que non se alimenten os bulos porque fan moito dano aos profesionais e ás familias.

Son así tres as persoas falecidas polo COVID-19 no Concello de Fisterra, despois de que o primeiro pasamento que se cobraba, en toda a comarca, fose un veciño de Sardiñeiro.

Son un total de 12 falecementos en toda a comarca, sendo os Concellos afectados os de Fisterra (3), Cee (2), Carballo (2), Cabana, Carnota, Ponteceso, Dumbría e Vimianzo.

Novas sobre o coronavirus

comentarios