Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dende Rincón de la Victoria ata Fisterra por solidaridade

Dende Rincón de la Victoria ata Fisterra por solidaridade
caminomozarabe Carlos Palanca chegará a Fisterra despois de seguir o Camiño Mozábe co obxectivo de recadar fondos a favor da ONG Visión Nuevo Siglo Hai moitas formas de facer o Camiño de Santiago e moitas razóns para facelo. E a solidaridade é o que move a Carlos Palanca, mestre nun centro educativo malagueño, que decidiu percorrer enriba da súa bicicleta de montaña os 1.400 quilómetros que separan a localidade malagueña do cabo Fisterra (coa parada de rigor en Santiago de Compostela) seguindo o Camiño Mozárabe. O seu obxectivo: recadar 6.300 euros a favor da ONG Visión Nuevo Siglo, que traballa en proxectos de axuda a refuxiados e contra o tráfico de persoas. Polo momento, leva xa máis de 2.600. Novas relacionadas Fonte

Comentarios