Martes. 16.04.2024
El tiempo

Despregado un completo dispositivo de busca por un Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra

Despregado un completo dispositivo de busca por un Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra
A policia Nacional buscando un companeiro desaparecido no Cabo Fisterra Un Policía Nacional buscando un compañeiro desaparecido no Cabo Fisterra-Foto-Kevin Sánchez

Unha marea de medios de Salvamento e corpos de seguridade ateigan dende primeiras horas deste martes 20 de outubro a zona do Cabo Fisterra. Un Policía Nacional, de 25 anos e natural de Madrid, que viña facendo o Camiño, desaparecía este pasado domingo.

Tras dous días sen coller o teléfono, este mediodía uns peregrinos atopaban unha mochila coa súa documentación nas rochas do entorno do Faro fisterrán.

Comezaba aí o dispositivo de busca, liderado pola Garda Civil, con medios aéreos, marítimos e por terra. Traballando arreo seguen medios de Salvamento Marítimo, e medios da Garda Civil e da Policía Nacional, acompañados polos membros de Protección Civil de Fisterra.

Policia Nacional desaparecido en Fisterra-Foto-Dario Gomez Buscando un Policía Nacional desaparecido en Fisterra-Foto-Darío Gómez Medios aereos buscando no Cabo Fisterra-Foto-Dario Gomez Medios aéreos buscando no Cabo Fisterra-Foto-Dario Gomez Dispositivo para a busca dun Policia Nacional desaparecido en Fisterra Dispositivo para a busca dun Policia Nacional desaparecido en Fisterra - Fotos-Kevin Sánchez Poucas veces se ve a Policia Nacional por Fisterra-Foto-Dario Gomez Poucas veces se ve a Policia Nacional por Fisterra-Foto-Darío Gómez Visitantes no medio do dispositivo de busca-Foto-Dario Gomez Curiosa imaxe con visitantes no medio do dispositivo de busca-Foto-Dario Gomez

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios