Venres. 29.03.2024
El tiempo

Do éxito amateur ao fracaso profesional nos festivais costeiros

Do éxito amateur ao fracaso profesional nos festivais costeiros

Fin de semana festivaleiro este pola volta. A Axenda Sonora da Costa da Morte púxose de gala para recibir dúas das citas máis singulares do noso cartel de festivais. Polo norte, chegaba a 11ª edición dun profesionalizado V de Valarés. Polo sur, o espírito amateur segue reinando na Festa Folk da Fin do Camiño.

E a teor das críticas volcadas nas redes sociais e nos mentideiros, triunfou máis o pequeno festival da fin da terra, que poderoso festival das terras de pondal.

Éxito fisterrán

Budino e Mercedes Peon na Festa Folk na Fin do Camino-Foto-Juan Louro Budiño e Mercedes Peón foron o punto forte da Festa Folk na Fin do Camiño-Foto-Juan Louro

”Exitazo total do festival”, valora a xente da Asoc. Anchoa trala celebración este sábado da XVII Festa na Fin do Camiño, Durante todo o día houbo mogollón de xente, destacando a actuación de Budiño e Mercedes Peón, cando quecaba pequeno o campo da festa. O concerto #Paralaia20Aniversario serviu de rúbrica para demostrar a necesidade de manter este festival de música galega na fin da terra, como o refrenda a participación de centos de visitantes de todo o planeta, incluídos cantidades inxentes de peregrinos que adoran a festa. “Estamos supersatisfeitos de que a xente que leva veraneando aquí varios veráns nos diga que temos que repetir ano tras ano”, contan.

Botaron de menos iso si, algo de participación da veciñanza local, pois parece que a xente de Fisterra segue tirando máis pola verbena ou pola música enlatada. Parece que son máis os veciños de Cee ou Corcubión que da propia vila do Cristo, de onde si que é certo que veñen os máis comprometidos coa música galega, que mesmo protagonizaron un par de foliadas improvisadas polso bares da recta da Anchoa, mentres se facían as probas de son que quedarán para a lembranza de moitos.

Foliadas polos bares da Anchoa-Foto-Juan Louro copia Foliadas polos bares da Anchoa-Foto-Juan Louro copia

Dende a organización agradecen o traballo do equipo de son, así como “o ambiente supersano que se viviu durante toda a a xornada. Flipamos ao ver a explanada ao remate da festa, a xente foi tremendamente cívica”, sinalan Soco Insua e María Ángeles Nemiña.

A festa correu abría pola tarde cos Gaiteiros de Buxantes, que se estreaban a gusto. Pola tarde, os nenos gozaron co cañón de escuma. Xa pola noite Fol de Veleno preparou o ambiente moi ben. Sorprenderon Os d’Aaixo que fixeron bailar á xente coa súa proposta tradicional. O cumio foi ese concerto a dúo de Budiño e Peón, e para pecha a festa, a Compañía do Ruído ”rachou”, coma sempre.

”Xa estamos con gañas de preparar o do ano que vén”, apuntan.

Maria Angeles Nemina e Soco Insua da Asoc Anchoa-Foto-Juan Louro copia Maria Angeles Nemiña e Soco Insua, dúas das organizadoras da Asoc Anchoa-Foto-Juan Louro copia Festa da escuma na Festa Folk 2017-Foto-Juan Louro Festa da escuma na Festa Folk 2017-Foto-Juan Louro  

Problemas en Valarés

Festival V de Valares 2017-Foto-Javier Rosa copia O marco segue a ser incomparable no Festival V de Valares 2017-Foto-Javier Rosa copia

Poucas cousas malas se poden dicir da aposta musical do Festival Con V de Valarés. Cada día máis profesionalizado, a chegada de bandas como La Habitación Roja, Los Planetas ou Love os Lesbian. Unhas 2.500 persoas encheron o novo campo da festa durante as dúas noites para vibrar coa mellor música indie no país, nun marco natural incomparable.

Pero seguindo os fíos das redes sociais, a organización non estivo a altura da música e da contorna, e as queixas, nomeadamente sobre as novas zonas de aparcamento e de acampada. A Xunta impedía face a acampada no piñeiral, e a nova zona escollida foi tremendamente criticada polos usuarios (zona con moitas silveiras, con apenas dous baños, sen luz…) que botaron de menos esa fusión de cultura e natureza que tan ben vendía esta cita.

Cambiouse tamén o escenario para a zona do aparcadoiro, quedando o novo parking pequeno e moi lonxe.

Ademais, non faltaron as denuncias medioambientais que cada anos salpican o festival, e por exemplo Salvemos Cabana denuncia o alto ruído ao que se expoñen numerosas especies de aves nesta zona protexida.

Zona de acampada no V de Valares 2017 Zona de acampada no V de Valares 2017

Bandeira Azul de quita e pon

Outro detalle curioso é o feito de que para a celebración do festival, como de calquera outro evento, nun areal con Bandeira Azul, o concello ten que avisar a ADEAC e esta o que non permite é ter izada a Bandeira.

En todo caso, moitos botarán de menos aquel festival tan xeitoso que había na comarca de Bergantiños.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios