Venres. 25.09.2020
El tiempo

Estevo Creus estrea en Fisterra o seu novo poemario

Estevo Creus estrea en Fisterra o seu novo poemario

Este venres 14, a Taberna Cume Celta de Fisterra acolle a estrea do novo poemario de Estevo Creus. O poeta ceense presentaá “A cidade oculta”, da editoria Urutau, e contará na presentación co compañeiro fisterrán Modesto Fraga.

O evento, que comezará ás 20:30h, realizarase na terraza exterior, con aforo limitado e cumprindo as medidas de distanciamento social e uso de máscara.

"A cidade Oculta nace na Costa da Morte. Do abraio ante a xeografia,  a paisaxe,  e o vivir dos que a habitamos. Pero sobretodo fala da memoria, a memoria do territorio e a memoria da especie. E a dor da perda da natureza, das lendas, dos oficios e costumes. É dicir, a propia perda do "eu". Ese Bigbang que levo entre as escamas"", explícanos o autor.

Novas relacionadas

comentarios