Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fin de semana de despedida na Casa das Peritas

Fin de semana de despedida na Casa das Peritas
Natasha lelenco abre para o vermu o seu taller exposicion da Casa das Peritas Natasha Lelenco abre para o vermu o seu taller exposicion da Casa das Peritas Vermu e arte na Casa das Peritas Vermú e arte na Casa das Peritas Esta fin de semana celébrase na aldea de Mallas a festa do San Ramón. Coincidindo coas datas, este domingo 2 de setembro bota o feche o Estudio Aberto na Casa das Peritas, unha proposta que durante as fins de semana do verán permitiu a veciños, veciñas e visitantes na Costa da Morte visitar o espazo de traballo da artista moldava Natasha Lelenco e coñecer a súa obra. Como cada fin de semana, o Open Studio despedirase abrindo á hora do vermú, o venres, sábado e domingo a partir das 12:00h na aldea de Mallas nº72 e tamén ao longo de toda a semana en calquera outro horario con cita previa no 630753448. Este verán a experiencia sumou a exposición de obra dunha artista convidada, Luísa Álvarez, que trouxo de Madrid a súa proposta artística baseada no neón como elemento plástico. Unha casa de aldea que acolle unha exposición ocasional e abre as portas aos visitantes durante o verán tal vez non sexa o máis habitual, pero aínda o é menos o contido que os visitantes puideron, e poden aínda esta fin de semana, atopar repartidos nas dúas plantas do espazo. En colaboración das dúas artistas e a escritora e filósofa Rebeca Baceiredo, o Open Studio desenvolveu tamén unha acción de Guerrilla Lighting no Cemiterio abandonado de César Portela no Cabo Fisterra, unha instalación de neón que durante unhas horas encheu de vida os panteóns sen uso do cemiterio na noite do 4 de agosto e cuxas pezas poden verse estes días na mostra. O conxunto ofrece aos visitantes a oportunidade de vivir unha experiencia de proximidade co espazo creativo, coa obra e coa propia artista Natasha Lelenco, e conta coa colaboración dos Vermús St Petroni que convidan a probar os seus vermús aos visitantes.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-cemiterio-de-fisterra-cobra-vida-coa-instalacion-efimera-de-luisa-alvarez/ https://quepasanacosta.gal/a-casa-das-peritas-abriu-as-suas-visitas-artisticas-a-hora-do-vermu/ “Arte e vermú na Casa das Peritas, un sopro de aire fresco á cultura da Costa da Morte” — Que pasa na costa “Os mecenas salvan da queima do San Xoán parte do Gran Libro dos Señores Importantes” — Que pasa na costa “A Casa das Peritas, unha nova Galería no rural da Costa da Morte” — Que pasa na costa

Fonte

Comentarios