Mércores. 22.05.2019
El tiempo

Corey Harris encabeza o cartel do Fisterra Blues Experience

Corey Harris encabeza o cartel do Fisterra Blues Experience
Presentacion do Fisterra Blues Experience 2018 Presentacion do Fisterra Blues Experience no Castelo de San Carlos Volverá sentirse o blues por toda Fisterra, coa volta do Fisterra Blues Experience os días 15, 16 e 17 de xuño. Unha cita internacional, máis galega e femenina que nunca, na que a natureza, o patrimonio e a gastronomía se funde ca música de raíces. Este ano volverá haber obradoiros, cruceiros de blues, e jam sessions por toda a vila, achegando á fin da terra novos estilos emparentados co blues, como o swing, o soul ou o rhythm and blues (R&B). Esta edición foi presentada esta mañá de martes no Museo de San Carlos de Fisterra, coa presenza de Javier Turnes, director artístico do festival; Fernando Amado, representante de Mahou, compañía patrocinadora; Kuka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra; e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/851363331728226/?t=11" width="800" height="400" onlyvideo="1"]  

Corey Harris e Chris Kramer, cabezas de cartel

corey harris en Fisterra Unha das presenzas máis destacadas é a de Corey Harris, o guitarrista de Denver que está considerado como un dos bluesman máis influíntes da actualidade. Harris, que tamén é antropólogo, recuperou o blues do Delta e en colaborado con Wilco, Billy Bragg, B.B. King, Tracy Chapman e Woodie Guthrie, entre outros, e protagonizou un episodio dirixido por Martin Scorsese da miniserie documental “The Blues”. O blues europeo está tamén ben representado por Chris Kramer, un harmonicista alemán que incorpora o beatbox á súa aposta en formato trío. E a escena madrileña volve ter unha forte presenza: desde Edu BigHands, que se presenta en dúo co pianista vasco Paul San Martín; ata a Seydel Harp Attack; pasando por The Trashtoes e a Fisterra House Band, a banda residente do festival. Pola banda catalana chegan Wax & Boogie, que mesturan blues, R&B e boogie woogie. Ademais entre as 10 bandas presentes estarán os grupos galegos como The Lákazans, que veñen de presentar o seu terceiro disco, ‘Sandwina’, Carla Green & The Demons, e Os Bregadiers, unha banda de rúa que tira de recursos do swing e do soul.

Outras actividades

Alén dos concertos, tamén haberá jam sessions por toda a vila, obradoiros para toda a familia (un programa didáctico para nenos e nenas e outro de baile), ademais de viaxes en barco con música blues en directo e unha mesa redonda arredor da historia do blues.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fisterra-subiuse-a-bordo-do-blues/

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios