Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fisterra estreita lazos coa Deputación

Fisterra estreita lazos coa Deputación
A vicepresidenta da Deputacion mantivo un encontro con representantes do concello de Fisterra A vicepresidenta da Deputación mantivo un encontro con representantes do concello de Fisterra A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, visitou o concello de Fisterra para coñecer de primeira man as principais preocupacións do goberno municipal e explicar as novas liñas de colaboración que se poden axustar ás súas necesidades. Deste xeito, ambas entidades estudarán futuras vías de colaboración entre elas. Na xuntanza mantida na casa do Concello, unha representación do goberno municipal de Fisterra, presidida polo seu alcalde José Marcote e composta tamén polo tenente-alcalde Xoán Carlos Sar Olveira e a concelleira Teresa Fernández, trasladáronlle á vicepresidenta diferentes cuestións derivadas da condición de Fisterra como destino turístico privilexiado. Segundo explicaron, o concello multiplica por tres a súa poboación na termporada de verán, o que ten repercusións directas na necesidade de incrementar as dotacións para os distintos servizos municipais. Goretti Sanmartín explicou polo miúdo os distintos plans e programas da política do novo goberno da Deputación da Coruña, artellada por medio de plans e programas de apoio a concellos e entidades, entre ellas, avanzou as novas liñas de subvención que se publicarán proximamente ás que se poderán presentar con algunhas das súas iniciativas e necesidades. En concreto, a vicepresidenta presentou o Plan de Emprego recentemente aprobado, o Plan de Medio Ambiente, ou a situación na que se atopa o Plan de Patrimonio, especialmente relevante para un concello de gran riqueza patrimonial. Camiño de Santiago Por parte do acalde, o tenente-alcalde e a concelleira, fixeron partícipe á vicepresidenta da Deputación de distintas propostas para ter en conta e que se considere a condición de Fisterra de vila turística e destino final do Camiño de Santiago, con necesidades específicas que desbordan as posibilidades do concello, en especial, na dedicación a servizos como limpeza, recollida de lixo ou coidado de espazos públicos. Neste sentido, os tres representantes do goberno municipal manifestaron tamén a necesidade de infraestructuras culturais das que Fisterra é aínda deficitaria. De maneira especial, o alcalde manifestou a necesidade de maior dotación no ámbito do Patrimonio, de especial relevancia tamén por se tratar dunha vila turística, e reclamou da Deputación axilidade na tramitación e un maior labor de asesoramento, ámbito do que, ao seu ver, están necesitados os concellos pequenos e medianos que carecen de persoal especializado. Novas relacionadas Fonte

Comentarios