Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Fisterra inclúe un mercado de inverno entre os actos do nadal

Fisterra inclúe un mercado de inverno entre os actos do nadal
nadal cultural fisterraO concello de Fisterra vén presentar a súa programación para este nadal no que teñen cabida todos os veciños e veciñas do municipio. Así, dende o 11 de decembro e ata o 5 de xaneiro, haberá distintas actividades dirixidas a todos os públicos. Os máis pequenos terán a oportunidade de facer unha videoconferencia con Papá Noel e participar nunha cabalgata cos Reis Magos. Mentras que os maiores de 16 anos poden participar os días 11 e 12 de decembro no taller de Centros de Mesa de Nadal promovido pola concellería de Cultura‬ do ‪‎concello de Fisterra. Os interesados en participar deben de anotarse antes do 10 de decembro xa que as prazas son limitadas.‬ Xa o 25 de decembro, a asociación de artesáns e artistas Ar-Te de Fisterra, coa colaboración do Concello, organiza un belén vivinte. Nesta actividade poden participar todos os veciños e veciñas que o desexen como figurantes, actores, artesáns, músicos ou de calquera outra maneira poden asistir a reunión que haberá no salón de actos do Concello de Fisterra o venres día 4 de decembro ás 7 da tarde. Ademais, por primeria vez, celebraráse a I Feira de Inverno en Fisterra. A feira, que será no mercado municipal do 19 ao 24 de decembro, está destinada ós comercios e artesáns de diversas actividades (textil, complementos, artesanía, cosmética, floral, entre outros). A maiores destes, na programación do nadal de Fisterra tamén se inclúe un festivial de nadal, a actuación dunha coral e un espectáculo de maxia.   Fonte

comentarios