Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Fisterra informa”, a nova App de información municipal

“Fisterra informa”, a nova App de información municipal

Despois duns meses de proba, o Concello de Fisterra pon a disposición de todos os veciños o novo servizo municipal "Fisterra Informa". Trátase dunha aplicación móbil na que se poderá consultar de forma inmediata todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello.

A descarga da app pódese facer de tres formas:
- En Play Store, buscando a app como "Fisterra Informa" (Teléfono Android)
- En App Store, buscando a app como "bandomovil" (Teléfono iOS (iPhone)
- A través dun código QR que se atopa na páxina web: www.concellofisterra.com ou en www.bandomovil.com/fisterra.

Fonte

  • Concello de Fisterra.

Comentarios