Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Fisterra prepara o asalto para conseguir que a Semana Santa sexa declarada de Interese Turístico Nacional

Fisterra prepara o asalto para conseguir que a Semana Santa sexa declarada de Interese Turístico Nacional
O Dossier e DVD da Semana Santa de Fisterra xa están case listos O Dossier e DVD da Semana Santa de Fisterra xa están case listos Un pau para todos os veciños foi descubrir o ano pasado que a Semana Santa fisterrá non está Declarada de Interese Turístico Nacional, como viña asegurando o anterior grupo de goberno dende hai anos. A Xunta de Confrarías, nada máis enteirarse, púxose mans á obra para “recuperar” o distintivo. Un DVD, datos de información turística, información sobre o arraigo e tradición da festa, datos organizativos, notas de prensa a nivel estatal, apoios do Concello e autoridades… O dossier segue medrando con 5 tomos, un total de 500 páxinas, máis de 200 fotos, documentos orixinais, carteis históricos, libros de procesións, vídeos de retransmisiones, máis de 100 novas de prensa… Este venres a solicitude irá ao pleno municipal para obter o apoio dos grupos municipais, e só quedarán uns pasiños para, nunhas semanas, enviar toda a documentación ao organismo pertinente. Un deses pasos é colleitar un bo número de sinaturas. E para iso, a Xunta de Confrarías está deixando follas de apoio polos bares e comercios. Xa está nunha morea de establecimentos pero se alguén quere colaborar, poden poñerse en contacto coa Xunta en [email protected]. Estes son os establecimentos onde podedes atopar a folla para deixar a vosa sinatura de apoio: Concello de Fisterra, Librería Agarimo, Cafetería Real, A Galería, Cafetería Nerium, Zaloira, Panadería Germán, Familia, O Kiosko, Galerías Pérez, O Tearrón, A Cantina, O Centolo, O Rombos, O Miramar, A Palaxa, Restaurante Alara, O Peixe do mar, Supermercado Froiz, Supermercado Familia, Os Estancos, Restaurante Os Tres golpes, Panadería Velay, Panadería Agustín, Supermercado O Raño, Peluquería Loiras, O Peirao, Restaurante Don Percebe, Supermercado Covirán, Bar Calafigueira, Bar Padre do rei.

Novas relacionadas

Crónicas das Semanas Santas fisterrás

Fonte

 

Comentarios