Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra volverá ter Biblioteca

Fisterra volverá ter Biblioteca
Espazo destinado a ludoteca na nova Biblioteca de Fisterra Espazo destinado á ludoteca na nova Biblioteca de Fisterra IMaxe do Centro Cultural da Casa do Arco de Fisterra Imaxe do Centro Cultural da Casa do Arco de Fisterra Era unha demanda histórica xa que Fisterra era unha das poucas vilas galegas sen Biblioteca Pública. Unha carencia que se vai sucsanar en breve, coa apertura, o vindeiro venres 23 de marzo da nova Bibioteca Municipal. A nova Biblioteca estará situada no que pasa a ser o Centro Cultural da Casa do Arco, na rúa da Cerca 5, na zona da Ribeira. Un espazo compartido coa activa Aula Cemit que contará cunha sala de lectura, ludoteca, contacontos, exposición de libros antigos, entre outras.
A Biblioteca será por fin un espazo para inculcar e fomentar aos nenos e nenas o hábito e o pracer pola lectura. Un espazo que levaba esquecido, pola deixadez de anterios gobernos municipais, pero que volve ser unha realidade para recuperar aqueles 2.500 carnets de socio que chegou a ter a Biblio da vila do Cristo. “Durante tantos anos non fixeron nada por facer unha casa da Cultura, e nós temos creado este novo proxecto que esperemos que chegue a bo porto”, sinala Teresa Fernández.
A historia desta recuperación é ademais unha historia de vontade cidadá, pois ademais da implicación clara das concellerías que dirixen Teresa Fernández e Kuka Sar, foron moitos os voluntarios que fixeron posible a rehabilitación das instalacións. Ademais, a apertura vai depender dos voluntarios, pois mentres non haia persoal específico porque non se pode ampliar persoal nos concellos de menos de 5.000 habitantes gracias á devandita #LeiMontoro, tocaralles aos voluntarios abrir e pechar as portas da Biblioteca. Deste xeito, por agora irá abrindo polas tardes, esperando solventar pronto o asunto e contar con persoal propio. En todo caso, o Concello informará aos centros escolares dos horarios de apertura.   Dende a Casa do Arco vese o Castelo de San Carlos Dende a Casa do Arco vese o Castelo de San Carlos Entre os traballos de recuperación destaca a rehabilitación de parte dunha colección da historia de Galicia, que estaba moi danada, e serve para crear unha fermosa libraría decorativa. Biblioteca de Fisterra

Xornadas Culturais

Apertura da Biblioteca Municipal de Fisterra A esperada apertura irá acompañada dunhas completas Xornadas culturais dedicadas ao público infantil, coa intención de atraer a familias enteiras a que coñezan as novas dependencias municipais. O programa é o seguinte: Venres 23 de marzo: Ás 18:00 h.- Xornada de portas abertas. Luns 26 de marzo: Ás 12:00 h.- Caxoto con Vellos Contos e Novos Finais. Martes 27 de marzo: Ás 12:00 h.- Fran Rei cos Contos de Barriga Verde. Mércores 28 de marzo: Ás 12:00 h.- Maxia a cargo de Dani García con 1,2,3 probando. &nbps;

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios