Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Fisterranía xa ten o primeiro volume da súa Biblioteca

Modesto Fraga con Silvia Sar
Modesto Fraga con Silvia Sar xusto antes da homenaxe. Foto: Pepe Formoso
A Fisterranía xa ten o primeiro volume da súa Biblioteca

Facía moito tempo que non se xuntaban máis de 100 persoas nun acto cultural na comarca fisterrá. E non podía ser para outro acto que para a presentación do libro “Francisco Esmorís Recamán. Obra Completa”. A antoloxía feita por Modesto Fraga serve primeiro volume da Biblioteca da Fisterranía. un proxecto editorial para recuperar toda a obra feita na fin da terra que leva xestándose arredor dos 2 anos.

Ao acto asistiu tamén o fillo de Filgueira Valverde, amigo da familia, que marchou asombrado pola entidade do proxecto, e pola resposta da veciñanza.

O propio Modesto, comezou a súa intervención reivindicando “a necesidade de rescatar do esquecemento a obra dos fisterráns que deixaron un importante legado cultural, como Francisco Esmorís, Celia Rivas, Alejandro Finisterre, o capitán Traba, Ramón Marcote, Matías Escaríz ou Desiderio Paz Figueroa”. Por aí van os tiros da Biblioteca da Fisterranía.

Por suposto houbo tempo para enxalzar “a figura de Francisco Esmorís como pai da historiografía fisterrá” e lembrou que “o seu "Refranero fisterrán" constitúe unha das obras máis orixinais e relevantes da paremioloxía galega”.

Deixou claro que “a obra de Francisco Esmorís Recamán está nun lugar preferencial da creación literaria do pasado século XX na Costa da Morte” e lembrou “a importancia da súa figura destacando que foi membro correspondente da RAG e do Instituto Padre Sarmiento, ademais de colaborar nas actividades do Seminario de Estudos Galegos”.

Por último, antes de asinar máis de 80 libros (moit@s non puderon esperar a cola inmensa que se formou), aproveitou para instar ao concello de Fisterra a que inicie os trámites para declarar a Francisco Esmorí Recamán "Fillo Adoptivo de Fisterra" a título póstumo polos seus numerosos méritos.

IMG-20210614-WA0001

MOdesto Fraga asinando libros

Novas relacionadas

Comentarios