Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: Un vertedoiro ilegal, reiterado, en Fisterra

Fotodesfeita: Un vertedoiro ilegal, reiterado, en Fisterra
Vertedoiro Ilegal en Fisterra 1

Recibimos onte, da Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte”, estas imaxes feitas denuncias, dun novo vertedoiro ilegal en que converteron algúns desaprensivos o sobrante da estrada AC-445, situado entre Talón e Calcoba, en Fisterra.

A entidade xa ten avisado ao Concello, que procedeu á súa limpeza en varias ocasións, pero alguén segue utilizando o lugar como espazo para o vertido de residuos orgánicos, mobles, televisores, lavadoras e, agora, colchóns. Por iso pden ao Concello que se realicen os correspondentes labores de investigación para identificar aos infractores e proceder á sanción administrativa e penal polo dano medioambiental que están realizando.

Vertedoiro Ilegal en Fisterra 1

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios