Luns. 06.07.2020
El tiempo

Fotodesfeita: Vertedoiro de neumáticos en Castromiñán

Fotodesfeita: Vertedoiro de neumáticos en Castromiñán
Vertido de neumaticos en Castrominan-Fisterra Vertido de neumáticos en Castromiñán-Foto-Kuka Sar

Cústanos entender como alguén se lle podo ocorrer encher un tractor de neumáticos vellos, arrincar cara Castromiñán, e alí, case nos cantís, empezar a descargar… Cústanos entender que alguén con dous dedos de fronte non prefira chamar ao concello e que lle vaian recoller os residuos voluminosos cada mércores…

O Concello xa avisou á Policía Local para que levantase acta da denuncia do verquido de neumáticos próximos ao castro do Castelo, en Castromiñan, para que o Seprona o investigue e intente dar co culpable deste delito contra o medio ambiente.

Sospeitan que pode ser algún taller ilegal ou alguén traballador do campo que as utilizase para o ensilo, pero en todo caso, non é excusa para non tiralo todo nalgún lugar axeitado.

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook:

Fonte

comentarios