Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha Gala, un concerto para bebés, unha proxección e un recital polas Letras Galegas en Fisterra

letras galegas 2021 Fisterra
Unha Gala, un concerto para bebés, unha proxección e un recital polas Letras Galegas en Fisterra

Este venres 14 de maio, CulturaActiva abre a Festa das Letras Galegas de Fisterra con toda unha Gala pola Lingua. Grandes coñecidos da escena galega como Fran Rei e Isabel Risco presentarán a gala, que abrirá o espectáculo de maxia do Mago Teto (“As nosas letras”) e a actuación musical de Pakolas. A Gala comezará ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra, con aforo limitado. Podes reservar as entradas antes do 13 de maio no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 981.74.00.01, ext 6, Concellería de Cultura (de luns a venres de 08:30 a 15:00 h).

O domingo 16 volve haber actividades para máis pequenos, cun concerto para bebés no Salón de Plenos, da man de María e Jorge: Cucú.

Mesmo luns 17 de maio, ás 19:00 da tarde na Biblioteca municipal Casa do Arco (R/ da Cerca, 5) haberá un recital da obra da autora Xela Arias a cargo da Normalizadora Lingüística do Concello de Fisterra, Pilar Garcia.

Proxección por capítulos

Do 17 ao 23 de maio procederase a proxectar na páxina de Facebook do Concello de FIsterra os 6 episodios dun traballo sobre a traxectoria profesional de Xela Arias, "A palabra esgazada”.

Outros programas das Letras Galegas

Novas relacionadas

Comentarios