Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Detido un fisterrán polo roubo de tres televisores nun comercio

roubo dunha television en Fisterra
Un dos televisores foi recuperado e devolto ao establecimento
Detido un fisterrán polo roubo de tres televisores nun comercio

O 26 de novembro os propietarios dun establecimento comercial, denunciaban o roubo de tres televisores Smart Tv, valorados en máis de 3.000 euros. O autor entrara rompendo as ventás do mesmo.

O Equipo ROCA da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración coa Garda Civil do Posto de Corcubión, comezaba a investigación seguindo o rastro deixado pola localización dun dos televisores.

“Trala análise minuciosa da información solicitada, a Garda Civil logrou a identificación plena do autor dos feitos, procedendo á súa detención como suposto autor dun delito de roubo con forza”. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Corcubión.

A Garda Civil reintegro o televisor recuperado ao seu lexítimo dono, continuando coas xestións para a recuperación dos outros dous televisores subtraídos.

Comentarios