Martes. 21.05.2019
El tiempo

ENERXÍA

O Hotel SempreFisterra, premio ao mellor proxecto de eficiencia enerxética dos Enxeñeiros Industriais galegos

O Hotel SempreFisterra, premio ao mellor proxecto de eficiencia enerxética dos Enxeñeiros Industriais galegos

Presencia da Costa da Morte nos VI Premios Galicia Enerxía que outorga a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG). Uns galarrdóns que recoñecen as traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no campo da enerxía.

Concretamente o galardoado é o Hotel SempreFisterra, como Premio ao mellor proxecto de eficiencia enerxética. O hotel fisterrán obtivo a primeira certificación Passivhaus que se outorgou en España a un establecemento hostaleiro, e de aí o premio dos enxeñeiros.

Leva menos de 6 meses en funcionamento e tivo axudas do GALP para sacar este edificio adiante, que combina na súa creación recursos da arquitectura bioclimática combinados cunha eficiencia enerxética moi superior á construción tradicional. Un edificio que permite ter unha temperatura estable e agradable todo o ano sen practicamente usar calefacción nin aire acondicionado.

Os galardóns serán entregados na Gala Noite da Enerxía que se celebrará no auditorio Abanca de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23) o próximo 15 de marzo.

Comentarios