Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Club de Ciencia do IES Fin do Camiño, exemplo galego de reintrodución dunha especie vulnerable nun espazo natural

O Club de Ciencia do IES Fin do Camiño, exemplo galego de reintrodución dunha especie vulnerable nun espazo natural

Este luns día 7 de outubro a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo entrega ao IES Fin do Camiño dun premio pola labor do Club de Ciencia do instituto na reintrodución dunha especie vexetal considerada vulnerable no Catálogo Galego de Especies Amezadas, na microreserva de Mar de Fóra. Foi a mesma Conselleira Ángeles Vázquez a que se quixo achegar ao centro e á praia fisterrá, dando conta da importante acción medioambiental do proxecto educativo.

Como nos conta un dos responsables, o mestre Iván Bueno, “o proxecto consiste no estudio, sementación en laboratorio e reintrodución da especie Alysum Galaecicum na microreserva de Mar de Fóra. Este especie soamente se atopa actualmente na costa atlántica da provincia de Pontevedra e da Coruña, sendo o lugar máis ao norte onde aínda se atopa a praia de Langosteira. Existen rexistros dos anos 70 onde se detalla a presenza do Alysum na plaia de Mar de Fóra, así que proxecto tenta identificar os factores que provocan a súa desaparición, así como as variables que poden axudar a realizar unha reincorporación máis exitosa", explica Bueno.

Un proxecto desenvolto polo Club de Ciencia do centro fisterrán, que leva funcionando oficialmente 2 anos e esta composto por alumnos/as de 1º a 4º de ESO, apoiados polo equipo docente do IES Fin do Camiño , e asesorados pola Universidade de Santiago de Compostela.

A visita da Conselleira coincidiu co Día Mundial do Hábitat, e serviu para que todos reflexionemos sobre “a pegada ecolóxica que deixa a acción humana no mundo e se se vive no límite ecolóxico”. Falou de desaparición de especies como exemplo da perda de biodiversidade, e puxo o exemplo do centro costeiro como “resposta da responsansabilidade dos galegos de hoxe frear esta situación, e unha xeito eficaz de asumir este reto é traballar na sensibilización e na concienciación da sociedade, especialmente dos máis novos”.

Na microrreserva de Mar de Fora co alumnado do IES Fin Do CaminoConselleira en Fisterra cos rapaces do IES Fin do CaminAnxeles Vazquez no IES Fin do Camino

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios