Venres. 29.03.2024
El tiempo

#ELECCIÓNS

Kuka Sar: "O mote de arranxa-lavadoras que me puxeron no entroido, acaba sendo un recoñecemento á miña dedicación"

O actual teniente alcalde de Fisterra, Kuka Sar, repite como candidato do BNG nestes comicios municipais do 26 de maio de 2019. Despois de catros de máxima visibilidadeformando parte dun goberno de coalición co PSOE, cunha política a pé de rúa (e a pé de redes) e ao servizo, 24 horas ao día, da veciñanza, aspira a todo.

Kuka Sar Candidato do BNG Fisterra Eleccions Municipais 2019
Kuka Sar, Candidato do BNG Fisterra Eleccions Municipais 2019
Kuka Sar: "O mote de arranxa-lavadoras que me puxeron no entroido, acaba sendo un recoñecemento á miña dedicación"
  • QPC: Kuka Sar afronta a súa segunda lexislatura como candidato do BNG. Estes últimos 4 anos dentro do goberno. Como se ve a cousa dende dentro? É posible cambiar cousas?

Pois máis que ver, diría que se vive. E vívese con moita intensidade. O grado de responsabilidade que un debe para a vila para os seus veciños e veciñas é da maior esixencia. Eu así o asumín, no momento que decidií ser candidato e, sobre todo, cando tocou representar a toda a vila coma tenente de alcalde.

Pola miña parte din todo por Fisterra estes catro anos. Nin tan sequera vacacións. Lembro días nas que mantiven a atención as 24 horas, como cando o do incendio e desaloxo en Sardiñeiro. O mote do "arranxa lavadoras" posto por unha comparsa no primeiro entroido de goberno, ao final foi ata un cumprido e recoñecemento a esa intensidade.

Dende dentro recoñezo que non é fácil. Todo son problemas, pero sempre vas dando cos remedios. E claro que se poden cambiar cousas. Cando chegamos, moitos dicían que iamos fracasar na xestión, e sobre o BNG, sobre min, demostramos que, claro que si, que cambiamos formas, trato, e cousas.

  • QPC: Aspiras a volver ser chave de goberno ou a mellorar eses 2 edís que leva o BNG colleitando nos últimos comicios? Infuirán as sinerxias das eleccións Xerais nas que o BNG recuperou folgos?

Aspiramos a ser goberno, e nunha posición con máis forza. A xente transmítenos moitos folgos e incluso de moitas e moitos que non agardaría antes, dinme: "Kuka, gañáchedes a miña confianza, desta o meu voto vai para vós". Sinceiramente, isto escoiteino moito ultimamente. Polo tanto, o BNG parte con moita confianza e non descartamos sorpresas. Imos a por todas.

Sempre digo que necesitamos máis forza para demostrar que podemos impulsar todas as áreas de xestión coa dedicación, éxito e ilusión coas que nos responsabilizamos no cogoberno.

Xunto a este recoñecemento local, hai que sumar o novo momento do BNG, que mantivo as bases do seu proxecto sobre as coordenadas de que os galegos e galegas, se non decidimos por nós mesmos, pois, outros decidiran dende fóra e en base a outras conveniencias. Un caso de libro é a pesca. Se tiveramos forza negociadora aa oportunidades da pesca serían ben diferentes. O BNG está recuperando o seu espazo con frescura e rigor, e figuras como Ana Pontón, ou Ana Miranda en Europa, canalizan un proxecto común de todas e todolos galegos.

  • QPC: Como valoras a alianza destes 4 anos de goberno xunto ao PSOE. Repetirías pacto se fose necesario?

Pois ninguén daba un peso pola pacto de goberno pero ben que durou os catro anos. Con moito debate e negociacion, e puntos de vista distintos, de portas a dentro, pero moi cohesionado e con grande responsabilidade cara fóra. Certo que somos dous modelos moi distintos, e as estratexias foron tamén diferentes. Penso que o BNG mantivo un trato e atención de maior proximidade coa xente, escapando de formalismos, e os nosos socios, dito sempre dende o respecto, penso que gardaron un perfil máis institucional e a distinta velocidade.

Pois o domingo a noite saberémolo. Nisto non é bó aventurarse. Que sexa o que ordene Fisterra, nin máis nin menos.

  • QPC: Cres que o descalabro do PP no 2015 vaise manter nestas eleccións ou vai recuperar forza? Que che pareceu o traballo de oposición de Traba nestes 4 anos?

Nestes catro anos estiveron ausentes. Con dicir presentaron unha soa moción e chegaban aos plenos co posto, iso foi todo do que foi a súa preocupación por Fisterra. Iso si, na sombra, penso que mantiveron unha comunicación permanente cos seus comisarios políticos na Xunta, para desgastar ao goberno local e que fracasáramos. Ese xogo provoca unha deslealdade, non cara o goberno de Fisterra senón para a veciñanza. Debemos todas e todos ser conscientes con ese xogo, e con iso non poden pretender recobrar a confianza.

  • QPC: Que lle dis a eses veciños de Fisterra que tanto critican o investimento do Fisterra Blues Experience?

O Fisterra Blues Experience demostrouse sobradamente coma un éxito e con unha maior proxección, capaz de dinamizar a vila cunha oferta moi atractiva durante os días do festival. De feito a hostalaría dislle de repetir novas edicións, e o que che din é que ogallá se asente e faga Fisterra un lugar de visita anual de importantes concertos. Renovarse ou quedarse atrás, temos que ser capaces de ter unha oferta atractiva e dinámica para quen vén visitarnos.

  • QPC: E aos que non cren na importancia da peatonalización e humanizacion da rúa Real?

Que agás en moi contados casos, nos que había unha preocupación real por se tiña impacto nalgún negocio, respectable pola nosa parte, máis que decidiu non falalo directamente co concello, a maioría participou nunha estratexia certamente politizada dende a oposiciòn.

  • QPC: Que proxectos importantes levades no programa?

O Mercado Cultural está pendente de licitación, co presuposto aprobado. Unha vez feita a obra tocará dotalo de contido, cunha oferta cultural, de ocios e actividade que sexa permanente. Esa será unha prioridade.
E agardar a aprobar o Plan Xeral, para iniciar a redacción do plan para o casco vello da vila, e poñer a parcela para un centro médico como debe ser.
Ademais de continuar avanzando co proxecto do castro de Castromiñán. E de recibir a estrada do Faro iniciar o Plan do Cabo.
Mais o día a día, a atención e solución inmediata aos problemas da xente marcarán a prioridade.

  • QPC: Na túa lista levas a Teresa Fernández, Paula Nemiña, Pedro Pérez, Noelia Papín, Luisa Domínguez, Zeus Castiñeira, Mónica Góñez, Ramón López, Esther Vilela, e Germán Martínez.
    Que puntos fortes tedes? Conseguistes reunificar membros do BNG que se foran caendo nos últimos anos?

Un equipazo. Xente nova, e outros que regresan con máis ilusión aínda. Todos somos dos de #medreomar!!

Lista do BNG de Fisterra as eleccions municipais 2019   

Novas relacionadas

Comentarios